Escoller onde buscar

Falemos de Europa

Categoría: Nova

"Europa, o continente pensado", o primeiro dos títulos, é unha reflexión documentada sobre a construción do proxecto europeo, sen dúbida un dos proxectos máis ambiciosos na historia da civilización occidental. Tamén máis complexos, difíciles, ilusionantes… Na actualidade son 27 estados, ademais das nacións sen estado, comunidades históricas que configuran tamén ese espazo común. Dende esta perspectiva é como aborda o autor o seu traballo, unha mirada crítica, mais fondamente comprometida coa significación do proxecto europeo. Moi poucos libros existen na actualidade, en calquera lingua, que aborden con tanta precisión, documentación e calado histórico a significación europeísta. Tal o confirman os premios que recentemente recibiu esta obra: Premio de Ensaio Losada Diéguez e Premio da Crítica-Galicia.

O segundo título complementa en certa maneira o primeiro. Nacen do mesmo discurso. Trátase de "Galiza na Unión. A porta atlántica". Neste caso a análise vén máis referida á significación, problemas, oportunidades e horizontes de Galicia como nación dentro do proxecto europeo. Galicia, moi principalmente a través do Camiño de Santiago, configurouse como referencia da construción europea dende hai mil anos. ¿Cal é a nosa situación actual? ¿Que posibilidades temos? O ensaísta propón liñas de actuación e despexa non poucos interrogantes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email