Malia que o termómetro que se podía ver fóra da carpa da Feira do Libro de Ourense marcaba, ao inicio do acto de presentación da novela de Celia Díaz Núñez, 39 graos, a carpa encheuse de público (que tivo que acomodarse como puido fóra das instalacións) para acompañar á autora (abeirada pola poeta e artista audiovisual Celia Parra Díaz e o editor Francisco Castro), A BOCA DO MONTE.
No noso blogue deixamos crónica fotográfica dunha xornada na que non faltou a música da man do grupo 'As da Chispa'.
