Hai pouco máis de un ano decidimos traer ao catálogo da editorial Galaxia, para a colección Costa Oeste, olibro de Manuel Núñez Singala O ACHADO DO CASTRO, publicada no ano 1991 e que dende aquela data non deixaba de triunfar entre o lectorado mozo galego.
Cunha nova capa e edición, lanzámola coa seguridade de que ía acontecer o que precisamente está sucedendo, que é a continua reedición desta historia de "romanos" que, en realidade, é unha metáfora divertida da nosa actualidade.
Chega agora á cuarta edición dentro da nosa editorial. Convencidos de que, aínda que o Imperio Romano caese, a querencia por esta obra de Núñez Singala non ha decaer co paso dos anos. Porque a calidade literaria si que resiste o paso do tempo.
