Homenaxe a Franco Grande e ao seu dicionario

Categoría: Nova

O escritor e académico Xosé Luís Franco Grande recibiu o pasado luns unha homenaxe en Redondela como recoñecemento ao autor do ‘Diccionario galego-castelán’. Da importancia do seu dicionario (que xuntou máis de 40.000 voces), publicado por vez primeira en 1968, na achega de milleiros de persoas ao coñecemento sistemático do repertorio léxico galego, que os daquela responsables da Editorial Galaxia lle encargaron realizar (Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla e Ramón Piñeiro), dá fe o gran número de exemplares que se chegaron a imprentar: máis de cen mil.
O acto foi organizado pola Fundación Peña Novo co apoio do Concello de Redondela, a Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
Ao remate das intervencións descubriuse un monólito que recordará o acto e ao homenaxeado.

Comparte nas túas redes sociais ou por email