Despois do grande éxito nas súas primeiras edicións, a Escola de Letras volve a abrir as súas portas para todas e todos os amantes da palabra, interesados en aprender e conectar con outros amigos das letras, asistindo a obradoiros con algunhas das voces literarias máis importantes do panorama galego actual.

Cun calendario ateigado de propostas, hoxe, martes 18 de xaneiro, ás 8:00 h, abrirase o prazo de inscrición da Escola para o Obradoiro Literario con Inma López Silva, nas cidades de Vigo e Pontevedra.

Para formalizar a matrícula é imprescindible enviar un correo electrónico a escoladeletras@editorialgalaxia.gal, indicando:

-Nome completo da alumna/o.

-Correo electrónico.

-Número de teléfono.

-No ASUNTO e no CORPO do correo hai que sinalar o obradoiro, cidade e docente, no que se quere un matricular, por orden de preferencia.

A inscrición formalizarase por estrita orde de chegada das solicitudes ata completar o aforo de cada curso. Terán preferencia as persoas que non participaron en ningún obradoiro anteriormente.

Todas aquelas persoas que non cheguen a tempo para inscribirse nos obradoiros con Inma López Silva, poden enviar un correo solicitando acceder á lista de agarda. En caso de baixa dalgún participante, entraremos en contacto con todas as persoas interesadas, por orde de lista, ofrecéndolles a posibilidade de acceder ao curso.

De seguido, vai a relación dos obradoiros e as cidades nas que se celebrarán. Todos os cursos se impartirán nas sedes da Deputación en Vigo e Pontevedra en horario de 18:00 a 20:00 h, agás o de Anna Figueiredo, que será de 19:00 h a 21:00 h.

(Pode adaptarse á modalidade telemática se a situación sanitaria o require)

OBRADOIRO LITERARIO CON INMA LÓPEZ SILVA EN VIGO

Días: 8, 15 e 22 de febreiro; 8, 15 e 22 de marzo; 5 e 19 de abril

OBRADOIRO LITERARIO CON INMA LÓPEZ SILVA EN PONTEVEDRA

Días: 10, 17 e 24 de febreiro; 3, 10, 17, 24 e 31 de marzo

OBRADOIRO DE POESÍA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO EN VIGO

Días: 26 e 27 de abril

OBRADOIRO LITERARIO CON ANNA FIGUEIREDO EN PONTEVEDRA: ESCRIBIR. XÉNEROS, TÉCNICAS, TEMÁTICAS…

Días: 19 e 26 de setembro; 3, 10, 17 e 24 de outubro; 7 e 14 de novembro

OBRADOIRO LITERARIO CON DIEGO GIRÁLDEZ EN VIGO

Días: 13, 20 e 27 de setembro; 4 e 11 de outubro

OBRADOIRO DE POESÍA CON ELVIRA RIBEIRO EN PONTEVEDRA

Días: 18 e 25 de outubro

Dende a Editorial Galaxia e a Deputación de Pontevedra, abriremos durante estes meses o período de inscrición para os vindeiros cursos. Anunciaremos as datas de matriculación dos mesmos a través da nosa páxina web e redes sociais.

A Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia é a primeira de Galicia e un dos poucos proxectos deste tipo existentes no Estado español. A iniciativa, que naceu o pasado ano 2020, busca fomentar o talento na provincia e xerar un espazo de encontro entre autoras e autores consagrados e persoas amantes da literatura galega, a través dun variado abano de obradoiros , de novela, relato ou poesía, para todas as idades.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR