Naceu en 1979 en Ourense. É doutora en física pola Universidade de Sheffield e leva traballando no ensino galego desde o 2019. A docencia é un xeito de ver a vida que considera nos conecta coa evolución das novas xeracións e dá unha perspectiva diferente do cotiá. Porén a súa actividade docente céntrase máis nas materias relacionadas coa matemática e coa física.
Ten colaborado en publicacións xornalísticas con artigos de opinión relacionados coa literatura e coa docencia. Entende que o pensamento racional precisa da creación para poder avanzar e por iso emprega a literatura como canle comunicadora para entender e representar o mundo, na constante dúbida que enxerga o propio proceso de diálogo. Unha teima e necesidade constate de creación e investigación que nunca abandona. Deste xeito ten participado activamente en obradoiros de innovación docente e de creación e proxección cultural como o FLIV20 (Festival virtual da literatura galega- creadora xunto con Nacho Alonso de Fervenzas literarias) e asociacións a prol da cultura e creación literaria como a AELG (Asociación de escritoras e escritores en lingua galega) da que é vicepresidenta.
A súa primeira novela Os bicos feridos, obtivo o I premio Viadutos de novela no 2018. Desde entón ten publicada a proposta divulgativa A historia cóntana as vencedoras (2019) e ten participado no libro de relatos colectivo O libro dos trens (2020). Obtivo tamén premios como o de Relato Curto de Mugardos (2014), o Quintal Literario (2014) ou o de Relato Curto Inspiraciencia (2014). Asemade ten guionizado banda deseñada para publicacións como BOOM ou BDBanda.
Foto da autora: © Diego Seixo
www.editorialgalaxia.gal/escola-de-letras-anna-r-figueiredo/
