Unha das grandes ventaxas que ten a Feira Internacional do Libro de Boloña é a posibilidade de atoparse con centos de editores de todo o mundo, para coñecer os seus proxectos e, sobre todo, para dar a coñecer os propios. Visitando os distintos stands, chégase á conclusión de que, coma sempre, hai moito que facer pero que, coma sempre e dende sempre, a edición galega nada ten que lle envexar ao resto dos sistemas editoriais do mundo.
Por iso, os editores galegos dedicamos estas xornadas en Boloña para dar a coñecer a nosa produción, axudando así á visibilidade da nosa cultura no exterior e, de paso, a establecer contactos que poidan fructificar en novos proxectos no futuro.