A ESMORGA, mellor espectáculo teatral

Categoría: Nova

A adaptación teatral de A esmorga obtivo o premio máis importante da noite, o de mellor espectáculo, así como os de mellor actriz e actor secundarios, mellor escenografía e mellor iluminación.

Este importante recoñecemento fala, unha vez máis, da vixencia da grande obra do autor ourensán, 50 anos da aparición da novela.

Esta adaptación renovada da obra de Blanco Amor foi estreada pola compañía en setembro do pasado ano, aínda que Sarabela Teatro xa representara, hai trece anos, outra versión da obra. A montaxe está dirixida por Ánxeles Cuña.

Comparte nas túas redes sociais ou por email