Día Internacional do Libro Infantil

Categoría: Nova

Dende Editorial Galaxia estamos convencidos do papel fundamental que xoga a colaboración entre profesores, libreiros, editores e familias para impulsar o establecemento do hábito de lectura entre os máis novos.

Consorte con esta filosofía, Galaxia tenta promover publicacións que, ademais de achegarnos boa literatura, servan tamén, desde o coidado deseño e a ilustración traballada, para atraer aos máis pequenos cara os libros.

O lema que o IBBY (International Board on Books for Young People) seleccionou este ano é: "Un libro espera por ti; búscao". En Galaxia cremos que non é un, senon un monte de libros os que agardan por nós para lelos, gozalos, devoralos.

Nesta ocasión, como homenaxe a Hans Christian Andersen, recomendámosvos tres libros da súa autoría que podedes atopar no noso catálogo:
As mazás da prosperidade, Dez contos de Andersen, e Un bico de amor e vida, a recreación do conto de A Sereíña a cargo de Xosé A. Neira Cruz.

Comparte nas túas redes sociais ou por email