Dende hoxe, no enderezo web http://xesusfraga.blogspot.com.es/ ou dende o blog de Galaxia, poderase seguir o blog que o autor vai manter, para profundar nos personaxes da novela, nas súas motivacións, no mundo do grafitti e, en definitiva, en todos eses elementos que teñen que ver coa trama de REO, a novela que acabamos de publicar na nosa colección Costa Oeste e que foi merecente do Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente ao ano pasado.
Anímate a ler e a interactuar. No fin de contas, o grafitti e todas as novas formas da cultura urbana teñen moito que ver con iso.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR