Os primeiros libros de Mar Maior nas librerías de Bruxelas

As primeiras entregas de Mar Maior xa están nas librerías. A librería Punto y Coma da capital europea, especializada en hispanismo, acolleu con especial interese a iniciatva, salientándoa no seu escaparate e na mesa de novidades. Outrosí a librería Orfeu, que dende hai anos acolle os libros galegos e portugueses.

O novo traballo de Luis Emilio Batallán xa está presente en iTunes e Spotify

Dende hai uns días, o novo traballo de Luis Emilio Batallán, o libro-disco 'Había que chegar' que publicamos dende a Editorial Galaxia, xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais de venda musical. Así pois, quen queira acceder só á música, pode facelo dende espazos como Spotify ou iTunes. Só se necesita, como é normal, ter […]

Bases do XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro

Xa podes descargarte as bases correspondentes ao XIV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro. O envío de orixinais remata o vindeiro 14 de novembro e a obra gañadora, coma sempre, será publicada pola Editorial Galaxia. Podes descargar as bases completas na ligazón á dereita destas liñas.

Os amigos de Mar Maior en Bruxelas

"En tempo de crise, cómpre abrir espazos. Mar Maior é unha experiencia nova, coa que queremos lazar a cultura galega alén das nosas fronteiras. Bruxelas e Buenos Aires son as nosas primeiras referencias de proxección exterior: Europa e América". Con estas palabras, o director xeral de Editorial Galaxia, Víctor F Freixanes, presentou no Instituto Cervantes […]

O proxecto Mar Maior presentouse onte en Bruxelas

Mar Maior é un proxecto da editorial Galaxia que onte foi presentado na sede do Instituto Cervantes de Bruxelas. Un proxecto moi ambicioso que, sen complexos, tenta poñer aos autores de nós, clásicos e contemporáneos, no mercado global. Títulos como a 'Historia de Galicia' de Ramón Villares, 'Cuentos para las Américas' de Emilia Pardo Bazán […]

O escritor Xosé Neira Vilas Premio da Cultura Galega 2014

O escritor Xosé Neira Vilas, a Galería Trinta, o actor Cándido Pazó, o Festival de Ortigueira, a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), o profesor David Mackenzie, o Grupo Marcelo Macías e o Centro Pen Galicia son os galardoados deste ano cos Premios da Cultura Galega, que constitúen un recoñecemento colectivo á traxectoria e á […]

Editorial Galaxia presenta en Bruxelas o seu proxecto exterior

A idea é proxectar a cultura galega alén das nosas fronteiras, empezando polo mundo do libro. O próximo día 18, xoves, ás 20 horas, preséntase no Instituto Cervantes de Bruxelas o proxecto Mar Maior, coa participación dos escritores Xavier Alcalá e Xavier Queipo, a directora do Instituto Cervantes, María González Encinar, o director de Editorial […]

Coloquio-presentación de MATERNOSOFÍA en Vigo

A escritora Inma López Silva, acompañada da actriz Mariana Fernández e do Director de Edicións de Galaxia, Carlos Lema, presentarán e manterán un coloquio arredor do libro MATERNOSOFÍA no Centro de Recursos Feministas de Vigo ás 19 h. Inma López Silva ofrécenos un diario dunha escritora que vive por primeira vez a experiencia da maternidade […]