Presentamos o booktrailer de REO

Mañá é o día no que botará a andar un blog, que tamén poderá ser seguido dende o de Galaxia, centrado na novela de Xesús Fraga, REO, que foi merecente do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil do ano pasado. Nese espazo web, Xesús Fraga irá publicando post relacionados con esta novela que está empezando […]
Comeza a constituirse a Fundación Blanco Amor

O paasdo domingo deuse o primeiro paso para a constitución da Fundación Blanco Amor nun acto celebrado no Centro Cultural da Deputación de Ourense. No acto participaron representantes das distintas institucións implicadas no que será a futura Fundación. Así, asistiron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, o presidente […]
As Maimiñas en Mos

Este sábado, ás 20 horas, no Multiusos das Pozas (Petelos-Mos), As Maimiñas presentarán oficialmente, cun concerto, o seu novo traballo, publicado na colección Sonárbore da Editorial Galaxia e titulado 'Unha viaxe polo mundo'. As Maimiñas son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, ou o que é o mesmo, Mai e Miña. Son dúas mosenses […]
Empezamos o blog de REO

Dende hoxe, no enderezo web http://xesusfraga.blogspot.com.es/ ou dende o blog de Galaxia, poderase seguir o blog que o autor vai manter, para profundar nos personaxes da novela, nas súas motivacións, no mundo do grafitti e, en definitiva, en todos eses elementos que teñen que ver coa trama de REO, a novela que acabamos de publicar […]
Presentación do Premio Ramón Piñeiro en Santiago
Mañá 2 de outubro ás 20,00 horas presentaremos o Premio Ramón Piñeiro 2013, 'Da natureza de escritores, artistas e vermes. Ensaio sobre o pracer do traballo nun diálogo con Karl Marx' na Libraría Pedreira de Santiago. Intervirán, ademáis do autor, José Mª Durán Medraño, Manuel Fernández Pellicer, delegado xeral en Galicia de Gas Natural Fenosa, […]