Presentamos o booktrailer de REO

Categoría: Nova

Mañá é o día no que botará a andar un blog, que tamén poderá ser seguido dende o de Galaxia, centrado na novela de Xesús Fraga, REO, que foi merecente do Premio Raíña Lupa de Literatura Xuvenil do ano pasado.
Nese espazo web, Xesús Fraga irá publicando post relacionados con esta novela que está empezando a chamar poderosamente a atención da crítica e lectores e que se centra no universo grafitteiro, aínda que hai moito máis nesa novela que iremos coñecendo de vagar durante as vindeiras semanas nas que está previsto tamén a súa presentación en distintos lugares de Galicia.
Para abrir boca, o booktrailer ao que podes acceder clicando na ligazón á dereita destas liñas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email