A Editorial Galaxia estará no I Festival Virtual do Libro de Galicia

Categoría: Nova

A Editorial Galaxia estará presente con 11 actos.
Aquí o programa completo da Editorial Galaxia na FLIV:
Venres 26 de xuño
12:00 h. Mesa Redonda: Animación á lectura. As autoras de Habitando historias presentarán o libro, en compaña de Javier Pintor Naír, na sala Xulio Amigo.
18:00 h. Recital poético para  a rapazada. Autoras e autores da nosa casa coma Tamara Andrés, Claudia Castro ou Baldo Ramos, estarán recitando na compaña de outros poetas coma Fran Alonso, Miguel Ángel Alonso Diz ou Elvira Riveiro. Será na cafetería.
18:15 h. Presentación adultas. Inma López Silva presentará, en compaña de Anna R. Figueiredo, a súa última novela O libro da filla.
19:00 h. Mesa redonda: Galician Noir. O público poderá asistir a esta mesa na que participarán Domingo VillarArancha Portabales, Mercedes Corbillón e Diego Ameixeiras. Celebrarase na sala Xulio Amigo.
22:00 h. Sesión Golfa. Celebrarase un Club de Lectura con Berta Dávila sobre Carrusel, Premio García Barros 2019. (Aforo limitado).
Sábado 27 de xuño
11:00 h. TEATRO INTERRUPTUS. Lecturas dramatizadas de textos dramáticos polas dramaturgas. Autoras coma Raquel Castro, Carlos Labraña, Ana Abad de Larriva e Paula Carballeira, atópanse na lista de figuras senlleiras que participarán na sección teatral. Celebrarase na sala Xulio Amigo.
13:00 h. Conferencia Nós con Malores Villanueva.
16:00 h. Conferencia Carvalho Calero con Carmen Blanco, autora de Conversas con Ricardo Carballo Calero, na sala Xulio Amigo.
17:30. Presentación LIX. María Xesús Blanco presentará O caderno de Rosalía.
20:30. Un café con Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Presentará Tantos anos de silencio.
Domingo 28 de xuño
18:15 h. Presentación adultas. Celebrarase a presentación de Virtudes (e misterios), Premio Blanco Amor 2019, de Xesús Fraga.

Comparte nas túas redes sociais ou por email