Claudia Castro Nacín no barrio compostelán do Castiñeiriño o 30 de decembro de 1972. Dende nena adoraba ler, en diferentes linguas, escribir versos e facer preguntas. Supoño que por este motivo estudei Xornalismo e Filoloxía Inglesa na USC e levo traballando no eido da comunicación dende 1995. Na actualidade vivo coa miña familia (Toño, Darío e Xulia) e o meu gato Pepe en Penelas, unha fermosa aldea do concello de Teo con vistas ao Pico Sacro. Boa parte do meu tempo transcorre en Corme, na costa da Morte, territorio de fonda pegada nos meus poemas dos últimos anos. Conto con varios recoñecementos literarios pola miña obra poética, entre eles o Duck Fin, o María Mariño e o Xosé Manuel López Ardeiro. En decembro de 2005 publiquei o meu primeiro libro individual, Adagio para unha viaxe silente, e en 2018 viu a luz Ser, corazón e boca. En 2019 saíu do prelo en Editorial Galaxia, Galicia, o país das marabillas, o meu primeiro libro de poemas para a rapazada. O compositor Fernando Vázquez Arias compuxo música para catro poemas meus: “Amor é mar”, “Corme”, “Camiño dos faros” e “Azul”. Para min, a poesía é unha maneira de entender a vida.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A


mercar
Amiga lúa, amigo mar
Ilustracións de Luz Beloso11,00€

mercar
Galicia, o país das marabillas
Velaquí unha nova visión, insólita, divertida e poética, sobre Galicia.8,60€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

A retranca. Un intento de clarificaciónFélix Caballero Wangüemert
Dos meus recordosManuel García Barros
EnredosManuel García Barros

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR