Editorial Galaxia e EL PAIS prantan 22 árbores

Categoría: Nova

A iniciativa nace da colaboración entre a edición galega do xornal e Editorial Galaxia, a prol da difusión masiva de títulos de literatura dirixidos aos lectores máis novos, co patrocinio de Caixanova e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A colección Árbore, que dirixe o escritor Xosé Antonio Neira Cruz, dispón dunha tipoloxía específica para este caso: libros moi ben ilustrados, moi coidados na súa edición, encadernados en tapa dura, nos que figura unha notable nónima de autores e autoras, ilustradores e ilustradoras de primeira calidade. Son álbumes ilustrados que entre nós denominamos "os duros".

22 destes títulos saen agora a prezo de un euro con tiraxes certamente extraordinarias. De Lolo anda en bicicleta, de Carlos Casares, con ilustracións de Manuel Uhía, distribuiranse 55.000 exemplares nun só día.

Os libros sairán coa edición galega de EL PAIS tres días á semana, e a relación definitiva de títulos e datas é a seguinte:

Lolo anda en bicicleta, de Carlos Casares, con ilustracións de Manuel Uhía – 11 de novembro

¿Que contan as ovellas para durmir?, autor e ilustrador Kiko da Silva – 12 de novembro

Rato Pincho (ou a verdadeira historia dos ourizos), de Gloria Sánchez, con ilustracións de Pablo Otero "Peixe" – 14 de novembro

Mola que chova, autora e ilustradora Renata Otero – 16 de novembro

De cores e de amores, de Xabier P. Docampo, con ilustracións de Xosé Cobas – 19 de novembro

Puag, que noxo!, de Fina Casalderrey, con ilustracións de Xan López Domínguez – 21 de novembro

Conto para non comer, de Oli, con ilustracións de Andrés Meixide – 23 de novembro

Tres princesas namoradas, autora e ilustradora Ánxeles Ferrer – 26 de novembro

Camiño solitario, de Ánxela Gracián, con ilustracións de Federico Fernández – 28 de novembro

Quen son?, de Alicia Borrás, con ilustracións de Andrés Meixide – 30 de novembro

Punver, de Yolanda Castaño, con ilustracións de Eduardo Hermida – 3 de decembro

Herbalúa , de Marilar Aleixandre, con ilustracións de Enjamio – 5 de decembro

O vixilante dos soños, de Ana Carreira, con ilustracións de Noemí López – 7 de decembro

Mouchiño mou, de Xoán Babarro, con ilustracións de David Soler – 10 de decembro

Marta ten a solución, de Ana Mª Fernández, con ilustracións de Patricia Castelao – 12 de decembro

Voces na lagoa do espantallo, autor e ilustrador Xan López Domínguez – 14 de decembro

Vacas na cidade, de An Alfaya, con ilustracións de Jacobo Fernández – 17 de decembro

Ourizo cacho e o gran río gris, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Rodrigo Chao – 19 de decembro

Un rato na casa, de Helena Villar Janeiro, con ilustracións de María Fe Quesada – 21 de decembro

A festa no faiado, de María Victoria Moreno, con ilustracións de Irene Fra – 24 de decembro

A historia do can que caeu no tinteiro, de Xavier Seoane, con ilustracións de Paula Mariño – 26 de decembro

Sabeliña e os ratos, de Paco Martín, con ilustracións de José Tomás Díaz – 28 de decembro

Comparte nas túas redes sociais ou por email