De feira

Categoría: Opinión

Partindo da experiencia da Feira do Libro de Vigo que acaba de rematar, fago unha serie de propostas extrapolables a calquera feira deste tipo que se organice en Galicia:
– Necesidade de crear un espazo multimedia (páxina web, blog, ou facebook), como ferramentas que permitan unha interactividade entre a organización da feira e os asistentes, que deste xeito poderán facer suxestións e comentarios.
– Maior presenza dos medios de comunicación locais que cumpran o labor de difusión.
– A propia comisión da feira debe convencerse da importancia que esta ten, para que a cidadanía consiga sentila como un verdadeiro acontecemento socio-cultural.
– Desenvolver a feira nun espazo amplo e tranquilo que permita levar a cabo todos os actos sen o ruído do tráfico.
– Organización de obradoiros literarios: relato curto, cómic, contos infantís… e convocatoria de concursos literarios “Feira do Libro” en diferentes modalidades.
– Diversidade de mesas redondas nas que editores, escritores, libreiros e lectores poidan debater acerca de contidos como o futuro do libro, a situación actual ante unha sociedade que se desenvolve na rede, ou o tema da lingua, de tan necesaria presenza.
– Facerlle á poesía o oco que merece: proxección de curtametraxes poéticas e videopoemas, encontros de danza, poesía e música…
– Maior número de postos de venda, e maior número de actividades, pensando tamén na mocidade como grupo potencial de lectores, e non só nos cativos e adultos.
– En definitiva: crear una Feira do Libro onde se respire a maxia da creación literaria en cada recuncho.

Comparte nas túas redes sociais ou por email