Estes días está a chegar ás librerías de todo o país a obra de Hugo Pratt, 'Corto Maltés. Patio oculto chamado Arcano', no que volvemos atopar ao coñecido personaxe das súas obras, desta volta, navegando por Siberia, Manchuria e Mongolia. A acción enmárcase nos primeiros instantes da revolución bolxevique, co que, ademais de asistir, como é habitual na obra de Pratt, a un relato pleno de vitalidade, facemos tamén unha viaxe por unha época e unhas circunstancias apaixonantes.
Todos os seguidores das historias de Corto Maltés estarán felices de poder ler tamén esta nova obra, desta volta, na nosa lingua.