Convócase o II Premio de poesía Camiño de Santiago

Categoría: Nova, Premio
A Academia Xacobea, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e co patrocinio de Aluminios Cortizo, convoca o II PREMIO DE POESÍA “CAMIÑO DE SANTIAGO” CERTAME POÉTICO “FAISE CAMIÑO”, co fin de promover e divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo, cuxa obra gañadora será publicada por Editorial Galaxia, de acordo coas seguintes bases:
1.- A este premio poderán concorrer todos os poetas ou poetisas de calquera lugar do Mundo cun poemario escrito en castelán ou galego, conforme ás normativas establecidas, en cada caso, pola Real Academia Española e a Real Academia Galega.
2.- Presentarase un poemario, cuxo contido oscile entre 450 e 550 versos, cuxo tema de fondo será “A vida como camiño” e que deberá manter unha vinculación explícita ou implícita co Camiño de Santiago desde a perspectiva do conxunto do poemario.
3.- Será outorgado un único premio dotado con TRES MIL EUROS, suxeito ás retencións legais que resulten aplicables. O gañador ou gañadora recibirá tamén un diploma acreditativo e verá a súa obra publicada en castelán e galego. O gañador ou gañadora recibirá dez exemplares da obra publicada.
4.- Outorgarase un accésit á segunda obra mellor valorada.
5.- Cada autor ou autora poderá presentar só unha obra ao concurso.
O premio poderá declararse deserto sempre que o xurado considere que os orixinais presentados non reúnen a calidade suficiente.
6.- Os autores remitirán as súas obras, na forma, prazo e requisitos que se establecen a continuación:
Enviarase o arquivo en PDF da obra completa ao correo info@academiaxacobea.gal e dous exemplares mecanografados, en papel, tamaño folio, a dobre espazo á dirección postal:

Academia Xacobea Pazo de San Roque, 2

15781 Santiago de Compostela

Os exemplares deberán presentarse baixo pseudónimo e enviaranse nun sobre xeneral, en cuxo exterior se indicará o título da obra, especificando: “PREMIO DE POESÍA “CAMIÑO DE SANTIAGO”.
O sobre xeneral deberá conter, ademais outro sobre pechado co pseudónimo do autor dentro do cal se incluirá: o título da obra e a seguinte información persoal do autor: nome e apelidos, DNI, data e lugar de nacemento, domicilio, teléfono, correo electrónico e breve currículo (non máis de dez liñas) e unha declaración expresa de que a obra non foi premiada ata a data de presentación en ningún outro certame literario, nin obxecto de publicación.
Ademais deberá incluír no sobre xeneral outro escrito, no que conste a conformidade do autor ou autora coa cesión dos dereitos da primeira edición en papel e dixital, en galego e castelán, da súa obra para o caso de que resulte gañadora, incluídos os de publicación, distribución e explotación.
7.- O prazo de admisión de solicitudes abrirase o día 1 de xullo de 2022 e concluirá o 15 de novembro do mesmo ano.
8.- O fallo do xurado farase público antes do 31 de decembro e o premio será entregado nun acto oficial que terá lugar no primeiro semestre de 2023, unha vez editada a obra. No devandito acto estarán presentes representantes da Academia Xacobea, das institucións colaboradoras e da editorial, así como os membros do Xurado e o gañador ou gañadora. O día concreto será feito público coa suficiente antelación na páxina web da Academia Xacobea: www.academiaxacobea.gal.
9.- O Xurado estará composto por cinco personalidades do mundo literario designadas pola Academia Xacobea, unha deles, en representación de Edicións Galaxia. Actuará como secretario do Xurado, con voz e sen voto, unha persoa designada para ese efecto.
10.- A composición do Xurado darase a coñecer, con anterioridade á súa reunión, na páxina web da Academia Xacobea: www.academiaxacobea.gal
O Xurado actuará en única sesión, sendo necesaria a asistencia da maioría simple dos seus membros. As deliberacións serán secretas e delas redactarase a acta correspondente.

A decisión do xurado será inapelable e darase a coñecer na páxina web da Academia Xacobea: www.academiaxacobea.gal
11.- Non se manterá correspondencia sobre a documentación presentada polos participantes. As obras non premiadas serán destruídas unha vez emitido o fallo do xurado a fin de garantir os dereitos dos autores sobre a orixinalidade da súa obra.
12.- A participación na presente convocatoria supón a aceptación íntegra das bases que a regulan. Todas as incidencias non contempladas nas bases serán resoltas pola Academia Xacobea, a cal, unha vez consultados os membros do Xurado e as entidades colaboradoras, emitirá ditame que será inapelable.

Comparte nas túas redes sociais ou por email