Convócase o III Premio de Novela da Galicia Rural

Categoría: Premio

Entre os grandes retos que debe afrontar a Galicia de hoxe en día cómpre destacar a procura de alternativas para o desenvolvemento do rural de cara a garantir o seu futuro e adecuación ás novas realidades do século XXI, sen que iso derive na perda das súas tradicións, identidade e cultura. Así mesmo, considérase preciso potenciar a defensa da lingua galega e a promoción das actividades culturais no ámbito local. Neste sentido, co obxectivo de promover a visibilidade do mundo rural galego e reflexionar sobre as súas problemáticas, posibilidades e retos presentes e futuros a través da creación literaria, o Concello de San Xoán de Río, co apoio e patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca o «III Premio de Novela da Galicia Rural». Trátase dunha convocatoria dirixida tanto a autores e autoras xa consagrados como a novos talentos da nosa literatura que, coas súas novelas, queiran contribuír a poñer en contacto aos lectores e lectoras co presente, o pasado e, especialmente, co futuro do mundo rural galego. 
BASES 
1. Poderán optar ao «III Premio de Novela da Galicia Rural» aquelasautoras e autores que presenten novelas orixinais e inéditas, nonpublicadas ou divulgadas, en todo ou en parte, por calquera mediofísico ou electrónico, escritas en lingua galega segundo a normativaRAG/ILG, que sitúen a súa trama na Galicia rural ou que concedan aesta un protagonismo relevante na narración.
2. As obras deberán ter unha extensión mínima de 100 páxinas (formatoA4), en letra Times New Roman 12, interliñado 1,5 e marxes inferiore superior de 2,5 cm e marxes esquerda e dereita de 3cm.
3. Cada proposta deberá ser presentada exclusivamente en papel,entregándose 6 copias, impresas a dobre cara, debidamenteencadernadas baixo lema e sen ningún dato que identifique á autoraou autor. No envío incluirase un sobre pechado que deberá conter noexterior o lema elixido e no seu interior os datos de autoríacorrespondente: Nome e apelidos, DNI, enderezo postal, enderezo electrónico, teléfono de contacto e unha declaración xurada na que se indique que se presenta unha obra totalmente orixinal e inédita. Estas propostas serán enviadas ao Concello de San Xoán de Río, Praza Gabino Rodríguez Álvarez, 1, 32770, San Xoán de Río, Ourense, indicando no exterior do sobre «III Premio de Novela da Galicia Rural». 
4. As propostas serán enviadas antes do 15 de decembro do 2022 e oditame do xurado farase público no mes de febreiro do 2023.
5. O premio consistirá na edición da obra por parte da Editorial Galaxia,unha contía en metálico de 2.000€, máis a entrega dun diplomaacreditativo, que será entregado nun acto público organizado poloConcello de San Xoán de Río e ao que se compromete a asistir o/agalardoado/a. A contía do premio considerarase unha entrega áalzada en concepto de adianto polos dereitos de autor. O gañador ougañadora comprométese a renunciar expresamente a calquerapretensión sobre os devanditos dereitos. A Editorial Galaxiaresérvase o dereito de publicación, sen limitación do número deexemplares, da primeira edición e reimpresións, reservándose taménos dereitos preferentes de edición tanto da segunda e seguintesedicións en lingua galega coma da súa tradución a outros idiomas.
6. Formarán parte do xurado cinco persoas pertencentes ao ámbito dacrítica, a escrita, o ensino e o estudo da lingua galega, máis unsecretario ou secretaria, con voz pero sen voto, en representación doConcello de San Xoán de Río. O premio será outorgado á obra quereciba o maior número de votos. Comunicarase a composición doxurado tras o peche da recepción de orixinais.
7. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado oestime oportuno por non reunir as obras a calidade necesaria ou noncumprir cos obxectivos da convocatoria. Esta decisión, así como aconcesión, serán inapelables.
8. Os orixinais non premiados serán destruídos, salvo que os autores/asacudan ao Concello de San Xoán de Río a recoller os orixinais no prazo de 15 días despois da resolución do certame. En todo caso, non se devolverán por correo postal. 
9. A participación nesta convocatoria require a plena aceptación dasnormas contidas nas presentes bases.

Comparte nas túas redes sociais ou por email