Conferencia de Gloria Sánchez

Categoría: Nova

Como xa informamos hai semanas, este ano é Gloria Sánchez, a autora de 'Rato Pincho', 'Teatro Feroz' ou o conto que acompaña o libro de Mamá Cabra, 'Ola, ola, la!', a autora homenaxeada dentro dos actos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.

Así, hoxe venres, ás 19:00 h, na sala de exposicións do Pazo da Cultura, a escritora pronunciará a conferencia titutalda "Cocóns de nenos". Veremos que nos conta Gloria arredor dos 'cocóns' que tanto pavor provocou na infancia de moitos e de moitas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email