COMA UNHA ÁNCORA presentouse en Marín

Categoría: Nova

Onte, a que está a ser a novela máis vendida do país na categoría Xuvenil, COMA UNHA ÁNCORA de Iria Collazo López presentouse en Marín nun acto organizado por Queremos Galego Marín e no que tamén participou o editor e escritor Francisco Castro.
Como xa sucedera nas outras presentacións que se fixeron polo país dende o momento da saída da novela no pasado mes de xullo, as instalacións do Museo Manuel Torres enchéronse para escoitar á autora debullar as claves da creación desta novela de amor, memoria e poesía que está a engaiolar ao lectorado máis novo e adulto.

Comparte nas túas redes sociais ou por email