Charla-Coloquio coa poeta Alba Cid: “POR QUE POESÍA?”, no Club Faro de Vigo

Categoría: Nova

O día 12 de febreiro, ás 20 h, celebrarase un encontro, organizado polo Club Faro de Vigo, coa poeta Alba Cid, Premio Nacional de Poesía Xoven ‘Miguel Hernández’ con Atlas, que leva por título: POR QUE POESÍA? CONVERSA E VIAXES CON ALBA CID. A charla poderase seguir vía ‘ streaming’ e sen necesidade de rexistro previo a través da web de FARO DE VIGO (www.farodevigo.es), na sección Club Faro.
Acompañando a autora, presentará o evento Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.
Alba Cid (Ourense, 1989) é poeta e investigadora en poesía contemporánea. Participou en volumes como Poética da casa (2006) e a antoloxía de Apiario No seu despregar (2016). Publica textos de creación e recensións nas revistas Grial, Luzes, Tempos Novos e Dorna, e é colaboradora da Radio Galega; ilustra e mantén un “Gabinete de curiosidades”. Os seus poemas foron traducidos para o castelán, o grego, o inglés e o portugués, e apareceron enOculta Lit, The Offing e Poem-a-Day, serie web da Academy of American Poets. Nos últimos anos, encargouse do John Rutherford Centre for Galician Studies, da Universidade de Oxford.

Comparte nas túas redes sociais ou por email