Nunha actividade organizada por LATE CORAZÓN!, Asociación Galega de Cardiopatías Conxénitas e Cardiopatías Familiares.

Este domingo celébrase o Día Mundial das Patoloxías Conxénitas. Co gallo da celebración, desenvólvense en todo o mundo un mollo de actividades, que inclúen xornadas profesionais, lúdicas e artísticas, arredor das cardiopatías conxénitas e familiares.

Co gallo desta celebración, organizáronse unha serie de actos no Hospital Álvaro Cunqueiro e a Editorial Galaxia participou cunha doazón de 50 libros para a biblioteca hospitalaria no convencemento de que a estadía no hospital das máis pequenas e pequenos será mellor de levar se hai libros preto. O lote entregado pola Editorial Galaxia contempla volumes que abarcan varios chanzos de idade, dende os máis cativos ao lectorado adolescente. No acto de hoxe, o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro, pronunciou unhas palabras lembrando o compromiso solidario da editorial e o desexo de contribuir ao benestar da cativada doente a través da lectura.

No acto interviron, Javier Puente Prieto, xerente da Área Sanitaria de Vigo, Irene Pazo Manzano, responsable do Servizo de Comunicación e Relacións Institucionais da Área Sanitaria de Vigo, Cristina Rivas e Susana Portela, socias fundadoras de Late Corazón!, Asociación Gallega de Cardiopatías Congénitas y Cardiopatías Familiares, Mela Veiga, fotógrafa viguesa, Sol Cid, enfermera de cardioloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro e moderadora da Comunidade Virtual de cardiopatías conxénitas e familiares de É-Saúde e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR