O espectáculo teatral FLIS-FLI-RIS-FLÁS en Vigo

No espectáculo os asistentes terán que axudar ao protagonista no seu descenso aos abismos mariños nunha aventura na que a música e os libros están moi presentes. A música, de feito, é un elemento esencial neste espectáculo teatral que xoga coa técnica do teatro negro para conseguir fermosos efectos que sorprenderán aos espectadores. A obra […]

Novas olladas sobre a economía galega

Presentouse o libro na sede da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, nun acto presidido polo conselleiro da Presidencia da Xunta de Galicia, Xosé Luis Méndez Romeu, e no que estiveron presentes algúns dos autores dos traballos, ademais dos coordinadores académicos da edición. Xaquín Álvarez Corbacho insistiu na necesidade de profundizar no […]

No pasado mes de agosto, morreu en Madrid o escritor Fariña Jamardo

"Non sei se a morte de Fariña tivo algún eco entre nós", escribe Vicente Araguas, "mais eu, que adoito transitar polos nosos xornais, nada atopara ao respecto. E non é ata agora que sei por Manolo Pereira Valcárcel que o noso compañeiro de tertulia no Comercial finara o 19 de agosto no ano en curso, […]

Aberta a exposición "Editar en galego baixo a censura franquista"

No acto de inauguración participaron Luís Bará Torres, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Xesús López Carreira, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, Alfonso Zulueta de Haz, Vicepresidente da Fundación Penzol, e Xosé Manuel Dasilva, Comisario da exposición. Nas súas intervencións todos salientaron o papel nefasto que a censura franquista tivo sobre o […]

Unha reflexión para o novo milenio

En palabras do seu autor (que en 2002 recibiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio por A submisión das masas), o ambicioso proxecto editorial (nove volumes) é o resultado dun longo proceso en parte de carácter colectivo, que comezou a principios dos anos 70 e chega practicamente aos nosos días, e no que Basilio Lourenço […]

Entrega do Premio Repsol a Xosé Luís Martínez Pereiro

O acto estivo presidido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística Marisol López Martínez, e contou coa asistencia do novo Director Delegado do Complexo Industrial de Repsol YPF A Coruña, Ángel Crespo, o Director Xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o voceiro do xurado Anxo Tarrío. Angel Crespo, novo responsable de Repsol na Coruña, amosou […]

25 anos de cultura galega en Pontevedra

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Xulio Fernández Gayoso, presidente de Caixanova, e Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, falaron na inauguración da exposición, que permanecerá aberta ata o día 18 de xaneiro. Daquela trasladarase á cidade de Santiago de Compostela, onde continuará a súa itinerancia por Galicia. En nome dos tres […]