Medalla de Ouro de Galicia para a Editorial Galaxia

Case medio milleiro de persoas, representativas de distintos estamentos da sociedade galega, asistiron ao acto. O presidente da Xunta de Galicia, en representación do goberno galego, ofreceu a medalla de ouro e o correspondente diploma ao vicepresidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia, Benxamín Casal, quen en nome do presidente do Consello, Xaime Isla […]
¿Cara a onde vai a literatura galega?

Antón Figueroa ve o futuro da literatura galega como o dunha literatura que tende cara a unha maior autonomía, unha maior liberdade en comparación cunha literatura anterior máis suxeita ao ámbito da política. Suso de Toro reivindicou o oficio de escritor como unha profesión e a necesidade de que o país tome unha decision sobre […]
Cartografías da cultura. Homenaxe a Xan Bouzada

Cadra o presente número coa recente concesión da Medalla de Ouro de Galicia a Editorial Galaxia e mais co nomeamento de Ramón Piñeiro como figura destacada do Día das Letras Galegas para o ano 2009. Ramón Piñeiro foi fundador de Galaxia e codirector de Grial, xunto con Francisco Fernández del Riego, dende 1963 a 1988. […]
Novo libro de Luís González Tosar

Luís González Tosar iniciouse na poesía en 1986, co libro A caneiro cheo. Xa fora daquela unha revelación literaria. Posuidor dun poderoso alento, que semella alimentarse das raíces máis profundas da terra (Guimarás) e da memoria, a palabra poética amosaba xa entón unha persdonalidade e unha forza certamente senlleiras. Vintedous anos despois volve á poesía […]
Libros para o verán

Nos catálogos de Editorial Galaxia, nesta mesma páxina web, tes unha ampla oferta de fondo histórico, clásicos e novidades: dende Otero Pedrayo a Castelao, Eduardo Blanco Amor, Ánxel Fole ou o sempre fascinante Álvaro Cunqueiro; dende Carlos Casares, Paco Martín e Xavier Alcalá a Bieito Iglesias, Antón Riveiro Coello, Domingo Villar, Caneiro ou Xosé Antonio […]
Manuel Forcadela volve á poesía

Manuel Forcadela desenvolve en Música de cinza dúas temáticas ben diferenciadas. Por una banda, a musical, que tanto ten que ver coa forma dos poemas, nos que predomina o alexandrino e o heptasílabo, con algún que outro hendecasílabo, como coa poesía de raíz dionisíaca, en que van xurdindo os ditados dun mundo telúrico, como se […]
Nova novela de Paul Auster

Editorial Galaxia presenta a nova entrega dun dos autores contemporáneos con máis éxito de crítica e de lectores: Un home na escuridade, traducida por Eva Almazán, que se distribúe en lingua galega á par das outras linguas europeas. Novidade para o próximo outono. Paul Auster (New Jersey, 1947) enfróntase ás pantasmas da sociedade contemporánea cunha […]
Alfredo Conde recibe o premio Civilta delle Minorance

Non é a primeira vez que Alfredo Conde obtén un premio literario en Italia. En 1990 a súa novela Xa vai o griffón no vento recibiu o Premio Cavour á mellor novela estranxeira, convocado pola Fundación Grinzane Cavour, unha das partes que creou agora o galardón de apoio ás minorías (Civilta delle Minorance) xunto coa […]