Ola, ola, la!… Abrapalabra!

Máis de 700 actividades, repartidas por toda Galicia e dirixidas a rapaces e rapazas dos 3 aos 18 anos, integran este ano o programa Bocaberta, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística avanzou o pasado venres en Santiago de Compostela e no que a Editorial Galaxia ten un protagonismo moi especial co desenvolvemento de dúas […]

Cartas a Lelo, de Neira Vilas

Estes días está chegando ás librerías a 21 edición en galego da obra de Xosé Neira Vilas, 'Cartas a Lelo', probablemente, con 'Memorias dun neno labrego', os dous títulos máis populares do autor de Gres. O feito ten a súa lóxica pois Lelo é o grande amigo de Balbino, ese cativo que, dalgunha maneira, somos […]

Conferencia de Xesús Alonso Montero

O salón de actos da Fundación Penzol, na Casa Galega da Cultura de Vigo, acolle hoxe ás 20:00 h esta conferencia do profesor Xesús Alonso Montero. Esta actividade enmárcase na exposición, inaugurada a pasada semana, Fermín Penzol. Unha obra para un país, que se pode visitar na mesma fundación ata o vindeiro 30 de novembro. […]

Faleceu Olga Gallego

O domingo soterramos en Ourense, no cimiterio de San Francisco, onde repousan tamén os restos de Ramón Otero Pedrayo e de Eduardo Blanco Amor, a Olga Gallego Domínguez (Ourense, 1923), exdirectora do arquivo histórico de Ourense, membro da Real Academia Galega e dos padroados da Fundación Otero Pedrayo e da Fundación Penzol. Entre os últimos […]

A forza das minorías

Hoxe, a ata o domingo, 600 expertos en literatura infantil e xuvenil están citados en Compostela para participar na 32 edición do Congreso Internacional de IBBY, cita cumio arredor de todo o que ten que ver coa literatura infantil. Para este ano o lema escollido é 'A forza das minorías' e servirá, durante unha semana […]

Inaugurada a exposición A DIMENSIÓN EUROPEA DA GALICIA ESPIRITUAL

A exposición inaugurouse onte e permanecerá na Casa Galega da Cultura até o próximo 13 de outubro. Nela, a Fundación Penzol amosa na Casa Galega da Cultura de Vigo a súa visión dos Camiños de Santiago e das peregrinacións á tumba do Apóstolo a través dos seus fondos. A presentación contou coa participación de Alfonso […]

A boa saúde da Literatura Infantil e Xuvenil galega

Foron moitos días cheos de intensidade, dende o mércores ata onte, reunidos case que 600 convidados para debater e compartir angueiras e esperanzas arredor da Literatura Infantil e Xuvenil no 32 Congreso Internacional de IBBY que se celebrou en Compostela. Foron días para o encontro entre autores, ilustradores, editores, bibliotecarios e, en xeral, de todas […]

Comezou o congreso do IBBY

A XXXII edición do Congreso do International Board on Books for Young People (IBBY), que reúne estes días en Compostela a 600 expertos en literatura infantil e xuvenil, botou a andar onte coa súa inauguración no Palacio de Congresos de Compostela. A ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, presidiu un acto no que tamén participou o […]