Inaugurada a exposición A DIMENSIÓN EUROPEA DA GALICIA ESPIRITUAL

Categoría: Nova

A exposición inaugurouse onte e permanecerá na Casa Galega da Cultura até o próximo 13 de outubro. Nela, a Fundación Penzol amosa na Casa Galega da Cultura de Vigo a súa visión dos Camiños de Santiago e das peregrinacións á tumba do Apóstolo a través dos seus fondos.

A presentación contou coa participación de Alfonso Zulueta de Haz, vicepresidente primeiro da Fundación Penzol; Santiago López Martínez-Morás, comisario da exposición; María Pereira, directora de programación da Obra Social Caixanova, Xesús López Carreira; concelleiro de Cultura de Vigo, e o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, quen sinalou que estabamos diante dun "coidadísimo traballo que nos leva un pouco máis alá na percepción de Galicia como peza clave de Europa e da súa espiritualidade".

Con esta exposición, a Fundación Penzol amosa as diferentes visións que se poden atopar nos seus fondos bibliográficos e artísticos das diferentes Rutas Xacobeas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email