Estes días está chegando ás librerías a 21 edición en galego da obra de Xosé Neira Vilas, 'Cartas a Lelo', probablemente, con 'Memorias dun neno labrego', os dous títulos máis populares do autor de Gres. O feito ten a súa lóxica pois Lelo é o grande amigo de Balbino, ese cativo que, dalgunha maneira, somos todos e todas os que medramos, na aldea ou non, abeirados á historia de Neira Vilas.
Esta nova edición aparece, ademais, por primeira vez na colección Biblioteca Neira Vilas e que revisa, dende a ficción, pero dunha maneira absolutamente recoñecida por calquera galego ou galega, a historia íntima da emigración contada, neste caso, dende os ollos dos cativos.
Todo un clásico agora revisitado e que sempre hai que volver a ler.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR