"O imposible de desatar", de Iván García Campos

Os lectores de todo o país xa poden disfrutar do novo premio Blanco Amor de Novela, que este ano recaeu nun autor que comeza a súa andaina literaria, Iván García Campos, coa súa obra 'O imposible de desatar', unha obra que sorprendeu ao xurado pola súa forza narrativa. Na novela, o lector vai ter que […]

"Memorias dun neno labrego" en Galaxia

Será o primeiro caso no que a Biblioteca de Autor de Galaxia se dedica a un escritor vivo. É o recoñecemento da súa condición de clásico. Antes de final de ano sairán os dous primeiros títulos: "Memorias dun neno labrego" e "Cartas a Lelo", que se incorporan deste xeito ao importante patrimonio da editorial. Deseguido […]

'A esmorga' ao completo

Estes días está chegando ás librerías de todo o país 'A esmorga' de Eduardo Blanco Amor como o escritor querería vela, é dicir, coas pasaxes eliminadas pola censura franquista na edición de 1970. Corenta anos despois, lemos esta novela, considerada por moitos como o mellor libro da historia da literatura galega, íntegra e con todos […]

Presentación de 'Made in Galiza' en Istambul

Será o sábado 6 de novembro, na Feira do Libro de Istambul cando Séchu Sende presentará as traducións ao curdo e ao turco do seu 'Made in Galiza'. O escritor, segundo nos informa, dará unha conferencia que servirá como reivindicación das linguas en vías de normalización, denuncia da política lingüística do goberno galego incluída, entre […]

O Culturgal, cita estratéxica para a cultura galega

O mes que vén volverá o Culturgal, a feira das industrias culturais que celebrará a súa terceira edición do 26 ao 28 de novembro no Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra. Desta volta é a Asociación Culturgal, creada o 22 de xullo deste ano polas asociacións profesionais da industria cultural galega máis importantes, quen […]

Abrapalabra!

Onte arrincou, dentro do programa Bocaberta de dinamización da lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística, unha das campañas ideadas pola nosa editorial. O mago Carlos Coira fará, en directo, sen trampa nin cartón, múltiples trucos a través dos que gozar da maxia das palabras, pero, tamén, aprender maxia dun xeito divertido e sobre […]

Cando literatura e vida van da man

Para este trimestre final do ano, Editorial Galaxia ten preparados algúns libros, na súa colección Literaria, que están chamados a ser fitos literarios. É o caso desta obra da que hoxe falamos e que irá chegando ás librerías de todo o país en moi pouco tempo: unha novela que non vai deixar indiferente a ninguén […]

Inma López Silva recolle o Premio San Clemente

O pasado mes de Xuño a novela 'Memoria de cidades sen luz' de Inma López Silva foi recoñecida co premio Arcebispo San Clemente, un dos, en palabras da autora "premios máis bonitos que hai, porque é un xurado de alumnos e toman o seu labor moi en serio". Con este novo galardón, a novela de […]