A semana de Neira Vilas

A semana que vén vai ser realmente importante no que se refire á obra de Xosé Neira Vilas, con dous actos importantes centrados na obra 'Memorias dun neno labrego', da que a nosa editorial vén de facer unha nova edición coincidindo co medio século de vida da historia do inesquencible Balbino. Por unha banda, o […]

Presentación da edición conmemorativa de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Hoxe mércores, ás 20:00 h, no Centro Social Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, 17. Santiago de Compostela) e con motivo do 50 ANIVERSARIO da publicación do libro Memorias dun neno labrego, o Concello de Santiago e Editorial Galaxia terá lugar a presentación da edición conmemorativa con ilustracións de Xaquín Marín. Intervirán Víctor F. Freixanes, director de […]

Kriseiluaren argipean

A obra de Ánxel Fole, 'Á lus do candil' vén de ser editada en éuscaro, en tradución de Josemari Navascués Baskaran na editorial Alberdania, na súa colección de Literatura Universal. Sen dúbida, é unha escolla máis que axeitada a da editorial vasca na medida en que, como levamos décadas defendendo, a nosa literatura é universal […]

Unha homenaxe ben merecida

A escritora Gloria Sánchez, da que temos en catálogo 'Rato Pincho' e 'Teatro feroz', e autora tamén do conto que serpentea curioso a través do libro-disco de Mamá Cabra, 'Ola, ola, la!', será a autora homenaxeada no vindeiro Salón do Libro de Pontevedra. Baixo do lema 'É mentira', celebrarase entre o 6 de febreiro e […]

Presentación de PEL CON PEL

Este venres, ás 17.30 horas, na Casa das Mulleres de Vigo da Rúa Romil, presentarase o libro 'Pel con pel' que recolle as mellores fotos sobre a lactación materna presentados ao II Concurso sobre esa temática convocado por FEDEGALMA e a nosa editorial. No acto participarán dous dos poetas que tamén participan no libro: Ledicia […]

'Cabalo de ouros' foi presentada en Santiago

O salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal de Santiago encheuse de público para asistir á presentación da novela de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, 'Cabalo de ouros' e que supón o seu retorno á novela despois de moitos anos de silencio literario. O acto abriuse coa intervención do actor Cándido Pazó quen […]

Dende Galaxia, BO NADAL

Que non falten esperanzas que imaxinar, que abonden proxectos de futuro, que reborden as amizades na mesa, que nazan cantigas nas gorxas, que boten raigame os risos nas caras, que a felicidade sexa tanta que a ledicia se bote por fóra, que os paseos baixo da lúa dean para moito, que os amenceres perseguindo o […]

CABALO DE OUROS en Pontevedra

Será ás 20:00 h no Café Moderno, nun acto no que ademais do autor van participar Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, e Miguel Barros, conselleiro delegado de Xornal de Galicia. Freixanes volve nesta novela ao ámbito ficcional de O triángulo inscrito na circunferencia, unha Vilanova de Alba deshabitada e crepuscular na que os […]