A escritora Gloria Sánchez, da que temos en catálogo 'Rato Pincho' e 'Teatro feroz', e autora tamén do conto que serpentea curioso a través do libro-disco de Mamá Cabra, 'Ola, ola, la!', será a autora homenaxeada no vindeiro Salón do Libro de Pontevedra.
Baixo do lema 'É mentira', celebrarase entre o 6 de febreiro e o 19 de marzo. Concretamente, a homenaxe será o sábado, 5 de marzo ás 13:00 h e a laudatio será pronunciada polo tamén escritor Miguel Vázquez Freire. Haberá unha actuación especial do grupo Mamá Cabra, quen ten cantado poemas de Gloria Sánchez.
Sen dúbida, unha homenaxe máis que merecida para esta escritora referencial da Literatura Infantil e Xuvenil galega.