Presentación da edición conmemorativa de MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Categoría: Nova

Hoxe mércores, ás 20:00 h, no Centro Social Novacaixagalicia (Praza de Cervantes, 17. Santiago de Compostela) e con motivo do 50 ANIVERSARIO da publicación do libro Memorias dun neno labrego, o Concello de Santiago e Editorial Galaxia terá lugar a presentación da edición conmemorativa con ilustracións de Xaquín Marín. Intervirán Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, Xesús Alonso Montero, autor do prólogo do libro, Xosé Neira Vilas, autor, e Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela.

O actor e director teatral Cándido Pazó fará un breve apuntamento escénico sobre o seu espectáculo baseado nas Memorias dun neno labrego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email