Ofelia Rey, premio María Josefa Wonenburger

Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna da USC, recibirá hoxe o premio María Josefa Wonenburger 2011, que concede a Unidade Muller e Ciencia de Galicia. O pleno da Unidade Muller e Ciencia de Galicia valorou na súa designación a calidade, rigor e precisión da ampla produción científica de Ofelia Rey e a súa capacidade […]
Homenaxe póstuma a Francisco Fernández del Riego en Lourenzá

Tiña que ser, tamén, unha homenaxe en Lourenzá para don Paco, o home que, nos duros días da escuridade franquista asinaba moitos dos seus traballos baixo do nome Salvador Lorenzana. Un intelectual que, a pesares de facer gran parte da súa vida en Vigo, nunha esqueceu a súa terra de orixe. Próximo a cumprirse o […]
A Coruña acolle a mostra NO NIÑO NOVO DO VENTO

O acto de inauguración contou coas intervencións dos representantes das institucións organizadoras: Pedro López Gómez, membro do padroado da Fundación Penzol, o comisario da mostra e director de Editorial Galaxia, Víctor F. Freixanes, e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Manuel Varela. Nesta itinerancia contouse coa colaboración do Concello da Coruña, por parte do […]
Hoxe comeza o congreso 'Mil e un Cunqueiros'

Coa conferencia "As miñas lecturas de Cunqueiro" o escritor e exministro de Cultura, César Antonio Molina, abrirá hoxe, mércores día 28 o congreso internacional "Mil e un Cunqueiros", organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coas tres universidades galegas para conmemorar o centenario do escritor (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981). A sesión celebrarase ás 10 […]
Uderzo vaise

Hoxe a prensa mundial faise eco da retirada de Uderzo, o debuxante mundialmente famoso pola creación das historias de Astérix o Galo, en colaboración con Gosciny. Dende o pasamento deste último, Uderzo encargábase das dúas partes da creación e agora anuncia a súa retirada. Astérix chegou ao galego hai máis de trinta anos. Algúns dos […]
O deseño dos interactivos de Galaxia no Anuario de Creatividade Galega

Hai uns días presentouse en Compostela o anuario de Creatividade Galega, un colectivo de empresas e profesionais que aglutinan a creatividade publicitaria. Trátase dunha publicación que ten como obxectivo recoller as mellores pezas gráficas de Galicia e reunilas nun volume singular que pretende mostrarlle á sociedade, entre outras cousas, o alto nivel do deseño gráfico […]
Editorial Galaxia en Frankfurt

Editorial Galaxia participará, canda outras editoriais galegas, na Feira do Libro de Frankfurt, por volume e tradición, a cita máis importante do mundo do sector do libro. Na cita deste anos presentarase, o venres, "Folks from Here and There", a tradución de "Xente de aquí e de acolá", de Álvaro Cunqueiro, de quen se conmemora […]
Castelao en francés

Estes días chega ás librerías do mundo francófono, editado en Les Fondeurs de Briques, o libro de Castelao, orixinal de 1922, 'Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete' en tradución directamente do galego de Vincent Ozanam. Para o seu traballo, o tradutor seguiu a edición publicada por Galaxia da obra dentro da Biblioteca Castelao que […]