O deseño dos interactivos de Galaxia no Anuario de Creatividade Galega

Categoría: Nova

Hai uns días presentouse en Compostela o anuario de Creatividade Galega, un colectivo de empresas e profesionais que aglutinan a creatividade publicitaria.
Trátase dunha publicación que ten como obxectivo recoller as mellores pezas gráficas de Galicia e reunilas nun volume singular que pretende mostrarlle á sociedade, entre outras cousas, o alto nivel do deseño gráfico galego.
Entre o máis selecto do ano, sinalouse o deseño de dous produtos da nosa editorial. Por unha banda, a aplicación para iPad de 'O soldadiño de chumbo' e por outra, o proxecto 'Contoplanet', aplicación para a mesma tableta e para o iPhone. Fixemos as dúas publicacións interactivas, táctiles e en galego, castelán e inglés.
Estas dúas publicacións, que tamén existen en papel, xa foron recoñecidas en distintas ocasións por diferentes colectivos do sector das TIC. Agora, chega o recoñecemento, tamén, do mundo do deseño gráfico.

Comparte nas túas redes sociais ou por email