Contos arredor do microondas

Un vello bibliotecario contacontos está a facer as delicias de todos os públicos co espectáculo, creado por Merlín Comunicación e Adarme Visual, para o programa falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística, "O Señor das dunas". Estamos diante dun espectáculo dirixido a grandes e pequenos no que o narrador divaga sobre diversas historias mentres que […]

Xaime Isla Couto será despedido hoxe en Vigo

Hoxe xoves, ás 17 horas, no Cemiterio de Pereiró de Vigo, será soterrado o galeguista, home bo e xeneroso, Xaime Isla Couto, cofundador e Presidente de Honra de Editorial Galaxia, Presidente de Honra da Fundación Isla Couto e Director de Honra da Revista GRIAL. Posteriormente, ás 20 horas, celebrarase un funeral na Colexiata de Santa […]

'Un pozo moi fondo' presentouse na Estrada

(As fotos son cortesía da revista www.catrogatos.com) Onte pola tarde no Museo do Moble e da Madeira (MOME) o Doutor Jose Luis Iglesias Diz, médico no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago na unidade de pediatría e profesor asociado de Ciencias da Saúde, presentou o seu libro 'Un pozo moi fondo. Anorexia, bulimia e outros trastornos […]

Begoña Caamaño presenta MORGANA EN ESMELLE

Este sábado inaugúrase en Compostela a Feira do Libro. E un dos actos grandes vai ser a presentación da nova novela de Begoña Caamaño, 'Morgana en esmelle'. Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, María Xesús Nogueira, profesora de Filoloxía Galega na USC, e a autora. Haberá unha actuación musical de Uxía, Guadi Galego […]

Presentación de A PRINCESIÑA QUE CONDUCÍA UNHA LOCOMOTORA

Clara do Roxo presenta este seu primeiro libro mañá ás 20 horas na librería Librouro de Vigo. Estará acompañada neste acto por Francisco Castro, editor, e Ledicia Costas, escritora. A pesar de que é o seu libro de debut, Clara do Roxo ten xa unha sólida traxectoria alicerzada nos derradeiros anos coa consecución dun mollo […]

Emoción e homenaxe na despedida a don Xaime

Familiares, amigos e persoeiros da cultura e da política de Galicia deron onte o derradeiro adeus a Xaime Isla Couto, galeguista, avogado, economista e sobre todo, un gran creador de ideas, acompañándoo ata a súa derradeira morada, no cemiterio vigués de Pereiró. A familia enteira da Editorial Galaxia, así como numerosos persoeiros da cultura e […]

Hoxe "O Pulso da Terra" en TVG2

Esta noite, ás 22.45, a segunda canle da TVG emitirá o directo que acompaña a biografía, escrita por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que publicamos hai uns meses, con grande éxito de público e crítica. Todos aqueles que non teñan o libro, que ademais do directo que hoxe pasará a TVG 2 […]

Presentación de HOTEL CIDADE SUR en Lugo

Xerardo Quintiá presenta este seu último libro, 'Hotel Cidade Sur'. Estará acompañado por Arturo Ponte,de Galaxia, e Miguel-Anxo Murado, escritor. Xerardo Quintiá, narrador e poeta da xeración que comeza a publicar na década de 1990, conta en Hotel Cidade Sur oito "vidas cruzadas". Coa atención posta no fracaso e a inxustiza, coma se a literatura […]