Este sábado inaugúrase en Compostela a Feira do Libro. E un dos actos grandes vai ser a presentación da nova novela de Begoña Caamaño, 'Morgana en esmelle'.
Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, María Xesús Nogueira, profesora de Filoloxía Galega na USC, e a autora.
Haberá unha actuación musical de Uxía, Guadi Galego e Guillerme Fernández.