Olladas arredor da situación

O novo número da revista GRIAL aborda a cuestión da crise, que non é só económica e financiera. A crise, que (oficialmente) dende o ano 2008 vén conmocionando os mercados, é bastante máis ca unha crise económica e financiera. En moitos aspectos é unha crise moral, política, institucional, psicolóxica, social, cultural, demográfica e tecnolóxica que […]

Anxos Sumai gaña o Premio de Novela García Barros

Hoxe fallouse na Estrada a XXV edición do Premio de Novela García Barros (Ken Keirades) que publicará, como é tradicional, a Editorial Galaxia. Nesta edición, resultou gañadora a obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'. Presentáronse un total de 21 novelas que tivo que avaliar un xurado composto por Inma Otero Varela, Armando Requeixo […]

Homenaxe a Neira Vilas na Forxa Literaria

A úndécima edición da Forxa Literaria-Encontros Culturais no Rural celebrarase esta fin de semán. Unha forxa na que se tributará homenaxe ao escritor cruceño Xosé Neira Vilas. Na xornada haberá unha mesa redonda na que intervirán o propio Neira Vilas xunto a Alonso Montero, Valentín García, Cándido Pazó, Xosé Luna, Rosario Golmar e Xosé Luis […]

Descarga de balde un capítulo de "Bícame, Frank"

Como todos os meses, dende a web da Editorial Galaxia activamos o Libro do Mes, unha iniciativa que permite a descarga de balde de partes dunha obra que veña de sair do prelo. Desta volta, o libro escollido é 'Bícame, Frank', a nova novela do escritor Miguel Anxo Fernández e que volve estar protagonizada polo […]

Semana da música infantil na Feira do Libro de Vigo

Este venres dá comezo nos xardíns da Alameda de Vigo a Feira do Libro, para a que a Editorial Galaxia preparou un completo programa de actos nos que sobrancea a Semana da Música Infantil que, dende o luns 1 ao venres 5, ás 20 horas, ofrecerá de balde ao público asistente, concertos dos principais grupos […]

Comeza a Semana da Música Infantil na Feira do Libro de Vigo

Hoxe luns dá comezo, a partir das 20 horas, a Semana da Música Infantil na Feira do Libro de Vigo, unha produción da Editorial Galaxia e que implica cinco concertos dos principais músicos e solistas da música infantil galega. Hoxe luns será o primeiro dos concertos en pequeno formato acústico de Mamá Cabra, o popular […]

Cristina Pato recibiu o Premio Trasalba

Cristina Pato recibiu onte o 31.º Premio Trasalba nun acto literario celebrado na sede da Fundación Otero Pedrayo. A gaiteira definiuse como 'emigrante pero cos pés sempre chantados en Galicia' e explicou, nun emocionado discurso no que repasou a súa traxectoria musical, que Galicia está en todo o que fai, estea na terra ou onde […]

Éxito de Mamá Cabra en Vigo

Na Carpa dos Nen@s acóllense os concertos da Semana da Música Infantil. Onte, quedou máis que pequena onte para acomodar á moitísima xente que se achegou ata alí para escoitar ás Mamá Cabra no seu concerto 'Ola,ola,la!'. Case que unha hora na que ninguén quedou sen cantar, sen rir, sen danzar e na que a […]