Anxos Sumai gaña o Premio de Novela García Barros

Categoría: Nova

Hoxe fallouse na Estrada a XXV edición do Premio de Novela García Barros (Ken Keirades) que publicará, como é tradicional, a Editorial Galaxia. Nesta edición, resultou gañadora a obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'.
Presentáronse un total de 21 novelas que tivo que avaliar un xurado composto por Inma Otero Varela, Armando Requeixo Cuba, Luis Alonso Girgado, Carlos González de Lema Malvar e Carlos Loureiro Rodríguez, (secretario).
A novela conleva, ademais da publicación na Editorial Galaxia, un premio de 9000 euros.
O xurado destacou que "é unha novela na que destaca o elaborado traballo de caracterización dos personaxes, nunha historia onde o cuestionamento da identidade e a alteridade se vencella coa memoria e o pasar do tempo. A trama propón fortes doses de intriga, simbolismo e unha arquitectura perfecta, de linguaxe moi visual, que arrastra os personaxes a finais inesperados, pero de implacable lóxica. Todo este mundo, moi cambiante, e recreado a través dunha prosa límpida, da depuración extrema que flúe limpa e imparablemente."

Comparte nas túas redes sociais ou por email