Anxos Sumai gaña o Premio de Novela García Barros

Hoxe fallouse na Estrada a XXV edición do Premio de Novela García Barros (Ken Keirades) que publicará, como é tradicional, a Editorial Galaxia. Nesta edición, resultou gañadora a obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'. Presentáronse un total de 21 novelas que tivo que avaliar un xurado composto por Inma Otero Varela, Armando Requeixo […]

Entrega da Medalla de Ouro de Galicia á Fundación Penzol

Este 25 de xullo, a Fundación Penzol recibirá a Medalla de Ouro de Galicia. O acto celebrarase ás 19.30 na Cidade da Cultura de Galicia. A distinción foi outorgada o pasado día 11 de xullo e coincide cun ano no que conmemoramos o 50 aniversario da Fundación e o centenario do nacemento de Francisco Fernández […]

Galaxia no Festigal

Coma todos os anos, o 24 e 25 de xullo, coincidindo co Día da Patria Galega, celébrase en Compostela o Festigal, unha mostra intensa da creatividade galega en todas as artes e versións da cultura. E, coma todos os anos, a nosa editorial organiza un par de actos para amosar parte da súa produción recente. […]

'Rosalía pequeniña' xa en Spotify, iTunes…

Dende onte xa é posible acceder ao disco 'Rosalía pequeniña', de Uxía, dende Spotify, iTunes e, en definitiva, dende todas as plataformas de venda dixital. Sen dúbida, un salto importante para acceder ao mercado global e a este novo xeito de escoitar música dun xeito só dixital. O libro-disco de Uxía foi publicado hai uns […]

Suspendido o acto de entrega da Medalla de Galicia

Despois do grave accidente ferroviario do pasado mércores, a Xunta de Galicia decidiu desconvocar o acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia que ía recibir, ao tempo que a ONCE e Ceferino Díaz a título póstumo, a Fundación Penzol. A data de entrega e celebración do acto comunicarase en días vindeiros.

Galaxia, Premio Fernández Latorre 2013

"O Padroado da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, constituido en xurado para fallar o LV Premio Fernández Latorre, instituido en memoria do fundador de La Voz de Galicia, acordou conceder por unanimidade o Premio Fernández Latorre na súa edición do 2013, dotado con 10.000 euros, á Editorial Galaxia", di literalmente a acta da concesión. "O Xurado […]

Olladas arredor da situación

O novo número da revista GRIAL aborda a cuestión da crise, que non é só económica e financiera. A crise, que (oficialmente) dende o ano 2008 vén conmocionando os mercados, é bastante máis ca unha crise económica e financiera. En moitos aspectos é unha crise moral, política, institucional, psicolóxica, social, cultural, demográfica e tecnolóxica que […]