Galaxia no Festigal

Categoría: Nova

Coma todos os anos, o 24 e 25 de xullo, coincidindo co Día da Patria Galega, celébrase en Compostela o Festigal, unha mostra intensa da creatividade galega en todas as artes e versións da cultura. E, coma todos os anos, a nosa editorial organiza un par de actos para amosar parte da súa produción recente.
Así, ás 17.30, o 25, presentaremos a nova novela de Miguel Anxo Fernández, 'Bícame, Frank', protagonizada, como o resto da serie, polo detective Frank Soutelo. No acto, canda o autor, estarán Antonio Mourelos, actor e Presidente da Academia Galega do Audiovisual, e o director literario de Galaxia, Carlos Lema.
E logo, ás 19 horas, será o tempo da música, con Uxía, que interpretará temas de 'María Fumaça' e de 'Rosalía pequeniña'.
Dúas citas imprescindibles para gozar nun día de reivindicación e orgullo galego.

Comparte nas túas redes sociais ou por email