A Galicia de Albert Camus

Así titula María Lopo, doutora en Literatura Francesa pola Universidade de Rennes, o traballo que abre o monográfico que o número 205 da revista GRIAL dedica ás relacións entre o autor de ‘L’étranger’ (1942), ‘La peste’ (1947) ou ‘La chute’ (1956) con Galicia, ou máis especificamente, coa literatura galega: "A Galicia de Camus". Son varias […]
Chega a ALEGRÍA! de Sérgio Tannus

Estes días lindos de maio, que convidan á alegría, chegará ás librerías de Galicia o primeiro traballo de Sérgio Tannus, produtor e músico en tantos dos nosos libro-discos, e titulado precisamente así, ALEGRÍA! O libro, ilustrado por Luís Borbolla consta dun conto protagonizado pola pequena Alegra, unha eiruga que, con semellante nome, parece claro que […]
A Gramola Gominola trunfou na Coruña

O luns, na Biblioteca do Centro Cívico de Montealto da Coruña, celebrouse un concerto de presentación de A GRAMOLA GOMINOLA, primeiro libro-disco desta formación na colección Sonárbore + Grandes. O acto consistiu nun concerto acústico interpretados por tres dos membros do grupo (Paco, Paula e Anxo). O concerto amosou que, como uns días antes en […]
Presentación-concerto de A Gramola Gominola

Este venres, ás 18.30 horas, terá lugar unha presentación-concerto de A Gramola Gominola na libraría Barquito de Papel, en Santiago. O luns 25 á mesma hora, e co mesmo formato, habrerá outra presentación na Biblioteca Pública de Montealto, na Coruña. Ambos os dous concertos son de carácter gratuíto, malia que o de Coruña precisa de […]
Presentación da Biblioteca de Xosé Filgueira Valverde

O Auditorio do Sexto Edificio do Museo Provincial de Pontevedra acolle este venres ás 20h, dentro dos actos de celebración do Día das Letras, a presentación da Biblioteca Filgueira Valverde, coa presenza da deputada de cultura, Isabel Vázquez Reboredo, e de Victor F. Freixanes, director xeral da Editorial Galaxia. Completará o acto unha sesión de […]
Unha mosca que non deixa de voar
As librerías de todo o país reciben estes días a terceira edición do libro de María Solar, 'A verdadeira historia da mosca da tele'. A escritora e xornalista vén de gañar recentemente o Premio Lazarillo coa súa novela, tamén publicada en Galaxia, 'O meu pesadelo favorito'. Ambas as obras están a coñecer edicións noutras linguas, […]
Presentación de A CICATRIZ BRANCA en Lugo

Este xoves día 7 ás 20h, Margarita Ledo, en Sargadelos de Lugo, falará da edición en libro-dvd do seu último filme de vén de saír na Editorial Galaxia e que leva por título A CICATRIZ BRANCA. Estará acompañada por Tonina Gay e Víctor F. Freixanes. A editorial Galaxia organiza o acto en colaboración coa Asociación […]
Exito na presentación de A ESMORGA en Barcelona

Onte presentouse en Barcelona, a película (Vía Láctea Filmes, Editorial Galaxia e TVG) de Ignacio Vilar, A ESMORGA, baseada na novela de Eduardo Blanco Amor que aproveitamos para presentar tamén alí coincidindo coa súa recente saída no noso selo Mar Maior. O director da fita, Ignacio Vilar, os tres actores protagonistas, Miguel de Lira, Karra […]