Estes días lindos de maio, que convidan á alegría, chegará ás librerías de Galicia o primeiro traballo de Sérgio Tannus, produtor e músico en tantos dos nosos libro-discos, e titulado precisamente así, ALEGRÍA!
O libro, ilustrado por Luís Borbolla consta dun conto protagonizado pola pequena Alegra, unha eiruga que, con semellante nome, parece claro que ten que ser todo ledicia. Mais as cousas non teñen por que ser necesariamente así e Alegra vai ir vivindo todo un mollo de aventuras sorprendentes que, canción a canción, irán axudándonos a viaxar polo territorio da fantasía. Canda o conto, 13 cancións marca "brasilega" do mellor Sérgio Tannus.
O libro está esperando por ti. Préstache a Alegría?