Presentación-concerto de A Gramola Gominola

Categoría: Nova

Este venres, ás 18.30 horas, terá lugar unha presentación-concerto de A Gramola Gominola na libraría Barquito de Papel, en Santiago. O luns 25 á mesma hora, e co mesmo formato, habrerá outra presentación na Biblioteca Pública de Montealto, na Coruña. Ambos os dous concertos son de carácter gratuíto, malia que o de Coruña precisa de inscrición previa.

Todo o referido a este fermoso proxecto musical pode consultarse na web www.agramolagominola.com

Comparte nas túas redes sociais ou por email