O novo premio Trasalba crea Arte Urbana en Vigo

Categoría: Nova

O último domingo de xuño ninguén quererá perderse a tradicional visita a Trasalba, á Casa Grande de Don Ramón, para asistir á entrega do Premio Trasalba e o xantar de confraternidade que dende hai tantas décadas a Fundación que leva o nome do Patriarca das Letras Galegas organiza. Este ano e como xa informamos no seu momento, o galardoado é o pintor Antón Pulido que hai uns días viu como se inauguraba na súa cidade de residencia de Vigo, unha Praza nun lugar moi popular, Peniche, cun dos seus recoñecibles deseños. O recentemente reelixido alcalde de Vigo, Abel Caballero, definiu o resultado do traballo de Pulido como "unha das mellores zonas de arte urbano do mundo".
Sen dúbida, para un artista, deixar pegada na cidade é un dos anceios aos que sempre se aspira. O noso Premio Trasalba, xa o conseguiu e, ademais, cun traballo dunha enorme calidade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email