De novo o RUÍDO da guerra

Nos anos 90, Miguel Anxo Murado, xornalista, corresponsal de guerra, articulista e sobre todo, escritor, daba ao prelo RUÍDO. RELATOS DE GUERRA nos que se achegaba, dende a ficción, pero con palabras cheas da verdade de quen estaba alí para ver e contar, á guerra da antiga Iogolavia. Unha historia, como acontece con toda a […]
Éxito na presentación de COMA UNHA ÁNCORA en Tirán

Nun acto organizado pola Asociación de Veciños de Tirán, coa colaboración da Lonxa Literaria e da Asociación de Mulleres de Moaña, presentouse o pasado venres na Casa da Cultura de Tirán a novela de Iria Collazo López, COMA UNHA ÁNCORA. Durante o mesmo, léronse fragmentos da obra mentres se proxectaron imaxes da zona. A autora […]
Ecos na prensa galega polo pasamento de Sabino Torres

Onte dabamos conta do pasamento en Madrid, aos 91 anos de idade, de Sabino Torres, histórico editor galego que no ano 1949 botou a andar a xa mítica colección de poesía Benito Soto na que verían a luz, entre outros, os primeiros traballos de Celso Emilio Ferreiro. Hoxe, a prensa galega láiase pola perda e […]
Finou Sabino Torres

LUNS, 12.30 horas. Hai uns intres coñeciamos a triste nova do pasamento do editor, xornalista e poeta, nunha clínica de Madrid, Sabino Torres, memoria da edición galega, xornalista e poeta. Pasará á historia por todas esas actividades mais, tamén, por ser o responsable da colección Benito Soto que, na Pontevedra de 1949 daba ao prelo […]
Presentación e coloquio arredor da nova novela de Francisco Castro en San Sadurniño

Este mércores ás 18 horas, a novela de Francisco Castro, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA parará a súa xeira de presentacións en San Sadurniño onde, acompañado pola Concelleira de Igualdade Ana B. Gundín, se celebrará un coloquio posterior ao acto na Casa da Xuventude. Ademais das presentacións formais que desta novela se ten […]
Camilo Nogueira, Premio Trasalba 2016
O economista, enxeñeiro, ensaísta e político galego Camilo Nogueira Román (Lavadores, Vigo, 1936) recibirá o próximo 26 de xuño o Premio Trasalba que todos os anos concede a Fundación Otero Pedrayo a unha personalidade destacada no galeguismo. O escritor Suso de Toro, que en 1991 publicou o libro de conversas Camilo Nogueira e outras voces, […]
Antón Riveiro Coello e María Solar optan aos Premios Gala do Libro Galego 2016
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia veñen de facer pública a listaxe de obras finalistas para os Premios Gala do Libro Galego 2016, que se celebrará o sábado 14 de maio de 2016 no Teatro Principal de Santiago […]
Francisco Castro presenta Amor é unha palabra coma outra calquera en Marín
Francisco Castro presenta o seu novo libro, Amor é unha palabra coma outra calquera, mañá venres 6 de maio ás 20h no Museo Torres de Marín, acompañado pola concelleira de cultura María José de Pazo Marín e pola escritora Sabela González. Amor é unha palabra coma outra calquera… ou non. Carla, a protagonista desta novela, […]