Coloquio entre Carlos Vila Sexto e Francisco Castro en Ourense arredor das novelas de intriga

Categoría: Nova

Este mércores, e dentro dos actos da Feira do Libro de Ourense, os escritores Carlos Vila Sexto e Francisco Castro, moderados pola tamén escritora María Canosa, manterán un debate arredor do título ESCRIBIR INTRIGA.
Ambos os autores teñen publicado dende sempre novelas nos que a compoñente da intriga, resultan fundamentais no desenvolvemento da lectura, como así acontece nas dúas últimas publicadas por Vila Sexto, O ENIGMA DE CARONTE e Castro, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA.

Comparte nas túas redes sociais ou por email