Se hai uns días dabamos conta da saída do prelo dunha nova obra infantil de Bernardino Graña, TRAGAXÁN E TRAGADIÑO desta volta anunciamos a publicación (xa está nas librerías galegas dende hai uns días) dun novo libro destinado ao público adulto e que leva por título A FUGA A EXIPTO.
Na liña da novela historica, neste caso partindo da tradición apócrifa cristiá, Bernardino Graña continúa nesta novela a súa reinterpretación narrativa da vida de Xesús Cristo.
Cóntase nela os cinco anos que María, Xosé e o seu fillo pasan en Exipto, escapando da furia de Herodes, rabioso por matar a Xesús, proclamado polo pastores rei de Israel. Escrita co ritmo, a organización argumental e a penetración nos personaxes das mellores novelas, A fuga a Exipto aproveita os máis novidosos achados da investigación histórica para transmitir a quen le o acontecer da vida cotiá daqueles tempos. Coa estadía da Santa Familia na localidade de Maghagha, situada á beira do Nilo, remata unha das peripecias máis enigmáticas da historia do fundador do cristianismo, iluminada polo autor coa habelencia e a sabedoría literarias dos grandes artesáns da narración oral.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR