Descarga a adaptación teatral de A boca do monte

Dende hoxe está dispoñible na sección “Materiais” da nosa web unha breve adaptación teatral dalgúns capítulos de A boca do monte, a exitosa novela xuvenil de Celia Díaz Núñez sobre a conquista romana de Galicia. Esta breve dramatización é ideal para dotar de vida o libro nas aulas a través da súa posta escena, ou […]

Pantallas: o novo poemario de Celia Parra

Celia Parra (Ourense, 1990) publica en 2009 o seu primeiro poemario, No berce das mareas, Premio Avelina Valladares, e despois de pasar varios anos en proxecto interdisciplinares de todo tipo, regresa agora ao formato libro con Pantallas case unha década despois. Polo camiño publicou poemas en revistas como Dorna, Luzes, Oculta Lit e en xornais como […]

Campus Morte finalista do Premio Frei Martín Sarmiento

Campus Morte, a novela de Lito Vila Baleato, é unha das obras finalistas do XV Premio Frei Martín Sarmiento na categoría de bacharelato e adultos. Deste xeito, o debut narrativo de Vila Baleato, que chegaba ás librarías a inicios deste 2018 e que non deixou de sumar lectores coa súa trama de crime e intriga, […]

Galaxia publica os Premios Torrente Ballester e Raíña Lupa

Nos primeiros días de outubro chegarán ás librarías dous novos títulos nas coleccións Literaria e Costa Oeste: A través do fume de Antonio Piñeiro e A filla do Minotauro de Marilar Aleixandre. Dúas obras premiadas con dous dos galardóns máis importantes do panorama literario en lingua galega convocados pola Deputación da Coruña: o Premio Torrente […]

Pelerinaxes gañadora no Festival Internacional de Cinema Paisagens de Sever do Vouga

O filme Pelerinaxes de Simone Saibene gañou o premio como Mellor Documental na segunda edición do Festival Internacional de Cinema Paisagens de Sever do Vouga (Portugal). A longametraxe Pelerinaxes, do director e produtor italo-galego Simone Saibene recibiu onte o máximo galardón na sección documental na segunda edición do Festival Internacional Paisagens de Sever do Vouga, […]

Galaxia no XIII Congreso da AEELH

A Editorial Galaxia protagonizará mañá unha das xornadas do XIII Congreso da Asociación Española de Estudos Literarios Hispanoamericanos, que terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. No día de mañá, ás 13:00h, na Aula 8 da Facultade, a profesora, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela, Dolores Vilavedra, estará acompañada […]

Chegan as novidades de outono!

Co arranque do novo curso, en Galaxia comezamos a preparar os que serán os títulos cos que encheremos as librarías a partir da semana que vén e durante este último treito do ano: novidades para todos os públicos e todos os gustos que non poderedes deixar de ler. Así, en Literaria é a quenda de […]

14 anos sen Manuel María, o poeta da Terra Cha

Manuel María (Outeiro de Rei, 1929 – A Coruña, 2004) poeta, narrador, dramaturgo e académico da RAG, finaba hai hoxe catorce anos deixando tras de si unha inmensa obra literaria que recobraría todo o seu esplendor o pasado 2016, cando a Academia decidiu adicarlle o Día das Letras Galegas. Con tal motivo, nese mesmo ano, […]