Galaxia colabora co Festival Kerouac

Na tarde de onte presentábase na Terraza do Corte Inglés de Vigo a oitava edición do Festival Internacional Kerouac de Poesía e Performance que, un ano máis, encherá as rúas e os espazos da cidade de poemas e poetas e que levará a poesía a lugares insospeitados. Dentro desta nova programación, que arrinca o xoves […]

Galaxia publica unha novela inédita de Anxo Rei Ballesteros

Dezanove badaladas foi a primeira novela escrita en galego de Anxo Rei Ballesteros e chegará por primeira vez ás librarías no mes de outubro A partir do 17 de outubro, Galaxia porá nas mans de lectoras e lectores Dezanove badaladas, a primeira novela escrita en galego por Anxo Rei Ballesteros. Redactada entre 1969 e 1970, […]

Galaxia convoca o Premio Illa Nova de Narrativa 2019

Aínda celebrando o éxito da novela premiada en 2018, Senlleiras de Antía Yáñez, que non deixa de sumar lectores, a Editorial Galaxia convoca a terceira edición do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2019 para autores e autoras menores de 35 anos. Deste xeito, a Editorial busca estimular a creación entre os máis novos e darlles […]

O alumnado do instituto arxentino-galego Santiago Apóstolo visita a Editorial Galaxia

Hoxe recibimos nas instalacións da editorial Galaxia en Vigo a un grupo de estudantes e profesores do Instituto arxentino galego Santiago Apóstolo de Bos Aires, que se atopan estes días facendo unha visita polas catro provincias galegas prestando especial atención a lugares claves da nosa cultura e institucións. Nesta casa, estivo para recibilos o noso […]

Ana Romaní gaña o Premio Nacional de Xornalismo Cultural

Na xornada de onte soubemos que a Ana Romaní (Noia, 1962) lle fora concedido o Premio Nacional de Xornalismo Cultural que outorga o Ministerio de Cultura español. En palabras do xurado, é este un recoñecemento ás “súa longa traxectoria no xornalismo, ao seu constante traballo de promoción da cultura e da radio con formatos propios” […]

Antón Lopo gaña o XII Premio de Narrativa Breve Repsol

A novela Extraordinario de Antón Lopo resultou hoxe gañadora da XII edición do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega. Así o comunicou esta mañá en rolda de prensa o portavoz do xurado, Xoan Babarro, escritor e académico correspondente da Real Academia  Galega. O acto do fallo tivo lugar na refinería de Repsol na Coruña […]

Xosé Mª Álvarez Cáccamo e Ramón Villares Premios da Cultura Galega 2018

No día de hoxe déronse a coñecer na Cidade da Cultura de Galicia os Premios da Cultura Galega 2018, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Entre os premiados, destacan dous nomes de entre o catálogo da Editorial Galaxia: Xosé María Álvarez Cáccamo e Ramón Villares. Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) foi […]

Senlleiras chega á súa segunda edición

Senlleiras, a novela coa que Antía Yáñez gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2018, acadaba hai unha semanas a súa segunda edición, con máis de mil exemplares vendidos no seu primeiro mes de vida nas mesas de novidades. O éxito de crítica e lectores da primeira novela para público adulto de Antía Yáñez é […]